A música non amansa ás bestas
Espectáculo teatral de Limiar Teatro

A música non amansa ás bestas permítenos acompañar a procura creativa, dun compositor, obsesionado coa música. Movido pola súa obsesión, fai un experimento social, baseado na famosa frase: “A música amansa ás bestas”, pertencente ao personaxe mitolóxico de Orfeo. Desta personaxe, se dicía que posuía un canto e unha forma de tocar a lira, que podía amansar ás bestas máis salvaxes.
Para este experimento, o músico ten como axudante á inspiración, ou como el se fai chamar: “a musa”, que lle axudará a abrir a súa mente a novas posibilidades, con respecto a música. O compositor fai partícipe ao espectador desta procura, probando cos elementos básicos que a compoñen. Pouco a pouco, vai descubrindo a importancia que teñen, estes elementos musicais, na sociedade, trocando esa idea inicial de amansar pola de facer unha obra para reflexionar,
socializar e escoitar.
O espectáculo téndelle a man ao público, rompendo a cuarta parede dende o comezo, para camiñar xuntos, e é no final cando se lle solta, para deixar que o público decida onde quere ir.