Share
15/07/2023 - 13:00h | Praza Constitución | Fisterra

Museo encantado

  • Espectáculo de maxia a cargo de Dani García

Museo encantado
Cultura no Camiño

O Museo Encantado é un novo concepto de espectáculo de proximidade. Unha instalación participativa que o público pode percorrer e desfrutar con total seguridade e sen aglomeracións. Esta instalación está composta por catro micro-espectáculos de maxia completamente diferentes en ritmo, estética e concepto máxico.

- Unha caseta onde un autómata preparado para ler o futuro sorprenderá con incribles xogos de maxia.

- Unha cabina de teléfono londiniense , na que a audiencia vivirá e sentirá a maxia a través de un vello teléfono.

- Un fotomatón que permite experimentar a maxia tecnolóxica do século XXI, viaxando polo mundo e facendo maxia interactiva a través dunha pantalla.

- Un antigo confesionario de igrexa, onde nada é o que parece e non está quen debera, a quen lle regalaremos unha confesión que nunca pensamos que faríamos.

Ente cada instalación máxica poderemos desfrutar de pequenas pezas ou ilusións de maxia que nos transportarán ou darán a clave para seguir desfrutando do momento. Guiará o noso camiño un curioso comisario da exposición, a alma que xuntou todos estes encantos para o noso deleite.