Share
26/04/2024 - 20:30h | Teatro Rosalía Castro | A Coruña

Multiperspectivas#2

  • Espectáculo de Paula Quintas Cía.

Multiperspectivas#2
Rede galega de teatros e auditorios

Multiperspectivas#2 é un espectáculo no que se mistura a palabra a través da improvisación teatral, o circo a través do traballo de funambulismo, a danza contemporánea, a intervención espacial e o público que participa na peza. Unha proposta que experimenta cos límites das artes escénicas para enfrentarse coa realidade do espazo que nos rodea.