Mulleres de conto
Un espectáculo de narración oral a cargo de Cris de Caldas
As historias que máis emocionan a Cris de Caldas falan de mulleres que non viviron unha vida de conto pero que, sen dúbida, merecen ser lembradas. Recompilou historias de vida e contos de tradición oral e literaria onde as mulleres demostran ser as protagonistas das súas vidas incluso cando a morte ande preto. Fíxoo para poder contalas e para ser o altavoz de quen non puido alzar a voz: unha morea de heroínas anónimas que tiveron que camiñar por congostras cheas de obstáculos e sombras.
Trátase dunha sesión de contos para un público adulto e adolescente onde as (des)igualdade e a (in)xustiza son o fío condutor xunto con algo de humor, tal e como é a vida mesma. Non todas son historias de final feliz nin amables, pero todas son verdadeiramente emocionantes e de necesaria divulgación.