25/04/2025 - 19:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Mulholland Drive
David Lynch, 2001

David Lynch
Proxecto de serie frustrada para a cadea ABC, da que se roda un episodio piloto, completado coa chegada de investidores franceses. Levemente inspirado en dous dos filmes predilectos de Lynch (“El crepúsculo de los dioses” de Wilder; “Persona” de Bergman), extrema os achados de “Carretera perdida” e preludia “Inland empire”. Un accidente, unha muller amnésica, unha amizade amorosa feminina ambigua, a historia dun director de cine mozo na contorna dun perigoso Hollywood derivan no tratamento da perda de identidade, o desdobramento, a loucura, a reflexión sobre o propio cine con temas musicais de Oscar Hammerstein ou Roy Orbison e actores secundarios tan estimulantes como Dan Hedaya, Lee Grant ou Robert Forster.