Share
24/10/2022 - 22:00h | Salón Teatro | Santiago de Compostela

Muera Cupido

  • Concerto do Festival Ateneo Barroco

Muera Cupido

Sebastián Durón é probablemente o compositor español máis importante do seu tempo e o responsable, segundo a “acusación” do Padre Feijoo, da italianización da música española, ou sexa, da súa volta a Europa tras o abafante século XVII. Fahmi Alqhai e Accademia del Piacere (recoñecidos como unha referencia á vangarda na música antiga en España e en Europa, celebran dúas décadas de frutífera carreira) e Núria Rial ­(a máis internacional das sopranos españolas dedicada ás músicas históricas) unen os seus sobresaíntes talentos musicais para dar nova vida a unha selecta colección de arias das obras escénicas de Sebastián Durón dedicadas ao inesgotable e sempre emocionante tema do amor.