Mover cenizas
Estrea da peza de danza 'Mover Cinzas' da compañía SóLODOS cun pase ás 19:00 e outro ás 20:00

Mover cinzas está inspirada na vaga de lumes que asolaron a provincia de Ourense no ano 2006 e que deixaron unha profunda pegada na coreógrafa Maruxa Salas. A cinza aparece como residuo do arrasado, do deserto e da poética do que queda, do que perdura e como se transforma, construíndo a partir dos bosques convertidos en po unha metáfora do rexurdimento, un convite a habitar o presente para continuar polo camiño da vida. O lugar escollido para a súa estrea é un antigo neveiro recuperado, unha construción escavada na terra e cuberta con pedra, que se utilizaba para almacenar a neve durante o inverno e aproveitala despois para a conservación de alimentos, para fabricar bebidas xeadas, ou mesmo con usos terapéuticos.
Coreografía e interpretación: Maruxa Salgas e Erick Jiménez
Mirada externa: Arnau Pérez
Vestiario: Adolfo Domínguez
Espazo sonoro: John Axiom
Produción: Víctor López e Manu Lago
Dirección: Maruxa Salgas e Erick Jiménez
Espectáculo coproducido polo Centro Coreográfico Galego e SóLODOS.
Coa participación do: Concello de Xunqueira de Espadanedo, Festival Manhattan, Asociación Cultural Lana Cocina de Rubén Darío e Larumbe Danza.
Colabora: Cidanz Producións, Pablo Salgas Foto e Pablo Vargas.
Reserva de entradas
As entradas só están dispoñibles mediante reserva a través de mensaxe de WhatsApp aos números de teléfono 630 742 946 ou 656 473 338.