Mostra aberta de Euyín Eugene
Proceso creativo do proxecto de investigación artística 'Tuerce'

Como xerar, a través da creación, espazos para compartir e reflexionar ao redor da disforia de xénero e desmarcala do estigma para xerar novos rexistros? Se a disforia puidese falar a través dun corpo, que diría? Estas son algunhas das cuestións que o artista transmasculino nacido en Venezuela Euyín Eugen abordou durante o seu traballo na Cidade da Cultura e no Salón Teatro, no marco das Residencias Paraíso que impulsa o Colectivo RPM co apoio económico da Xunta.
Euyín pon a disforia de xénero no centro de Tuerce, un proxecto de investigación artística que propón abrir un diálogo con creadores trans e persoas non binarias como abono para a creación dun dispositivo escénico.
Na creación do espazo sonoro está a colaborar a artista sonora Íren Márquez Dos Santos.