Share
19/06/2026 - 20:00h | Salón Teatro | Santiago de Compostela

Monxa Millo Sentinela

  • Residencias Paraíso. Mostra aberta ao público.

Monxa Millo Sentinela

A proposta explora a cultura popular, os corpos e a paisaxe do territorio galego a través da desarticulación das promesas incumpridas que os atravesan. Partindo de tres corpos arquetípicos, o proxecto busca poñelos en crise, transformalos e pervertelos, creando unha investigación escénica situada no final da espera. A través desta práctica, as artistas Sara Somoza e Ismael Eirexas Romeü cuestionan nocións de xénero, performatividade e memoria cultural, combinando ficción, documental e creación colectiva.

Sara Somoza centra o seu traballo nas existencias fráxiles e marxinais, explorando as fronteiras entre a ficción e o documental dentro das artes escénicas. Pola súa banda, Ismael Eirexas Romeü desenvolve unha investigación artística vinculada ás prácticas performativas galegas, o transformismo e as lecturas contemporáneas da identidade e o xénero. Ambos colaboran no colectivo Laboratorio dá Fame.