Share
17/04/2026 - 20:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

Monte

  • Un espectáculo de danza de Laboratorio Escénico

Monte
Rede galega de teatros e auditorios

MONTE é un achegamento aos puntos en común que temos entre Galicia e Cuba, poñendo énfase, por unha banda, na danza, o teatro e a música, e por outra, na natureza. Unha ficción entre dous mundos, entre dúas culturas. Todo isto desde a visión híbrida da muller migrante, que ben puido vivir a emigración de ida e volta. Unha muller forte e sabia, que coñece todos os segredos do MONTE e vén do mar. Coñece todas as herbas, todas as lendas e as beberaxes, e mantén unha forte conexión coa terra, cos tambores, coa voz e coa clave.

MONTE é un espectáculo de danza e teatro para rúa e espazos non convencionais.

 

Ficha artística

Dirección artística e coreografía: Maura Morais 

Idea orixinal: Alba Fernández 

Deseño de espazo sonoro e dirección musical: Iván Doval 

Música: Diana Tarín (voz e percusión), Amaury Quintero (percusión e batería), Octavio Vargas (baixo eléctrico), Pablo Hernández (catro e guitarra) e Alfredo Álvarez (piano)

Deseño de iluminación: Afonso Castro 

Escenografía: Carolina Díguele e Isabel O'Connor (Vara 3) 

Vestiario: Carolina Díguele

Corpo de baile: Ana Beatriz Pérez, Estefanía Gómez e Alba Fernández

 

Proxecto subvencionado por: Axencia Galega das Industrias Culturais