Monoulious DOP
Concerto da xira Chándal Metal Tour
Monoulious DOP continúa co seu Chándal Metal Tour, para seguir percorrendo en 2026 os escenarios do país e parte do estranxeiro co seu humor e estilo inconfundible.
A xira arrincou co lanzamento de novos temas baixo a produción de Iago Pico (Tanxugueiras, Rozalén, Rayden…) cunha estética retroactual, influenciada por unha época de gran valor musical e persoal para a banda, os anos 2000.
“Levamos moitos anos nos escenarios do noso país e incluso en escenarios de países que non son o noso, como Suíza ou Alemaña, porque a nosa lingua non ten fronteiras, nin muros, nin paredes que a poidan deter (a non ser que estean insonorizadas) e dende fai tempo, todas as persoas que veñen aos nosos concertos saben que van levar unha boa dose de enerxía, baile, risas e festa.”
Monoulious DOP son, posiblemente, a banda da túa vida. Se aínda tes dúbidas, a que agardas vir escoitalos?