Share
07/03/2026 - 19:00h | Casa da Cultura | Burela

Molto Barroco

  • Espectáculo de Teatro a cargo de Píscore

Molto Barroco
Rede galega de teatros e auditorios

Píscore Teatro ofrece a posibilidade de gozar, desde o teatro, da música da época barroca, nun proxecto teatral cómico, apartado do academicismo, que inundará todo o espectáculo.

En MOLTO BARROCO terán cabida pezas clásicas que, por momentos, adquirirán un ton contemporáneo grazas ao xogo escénico, o que facilitará a súa comprensión e, por suposto, disfrute por parte da audiencia, especialmente entre o público máis novo. Ao mesmo tempo, potenciaremos a figurado compositor e organista barroco galego Frei Bartolomé de Olagüe, un artista cun importantísimo legado musical que, desgraciadamente, é un gran descoñecido para o público xeral. Xa por último, no que ao apartado musical se refire, faremos unha clara e decidida reivindicación das mulleres compositoras do barroco, tan inxustamente tratadas na historia da música a pesar do seu enorme talento.

 

Ficha artística

Autoría: Creación colectiva

Dirección: Fran Rei

Escenografía: Carlos Domínguez del Río

Deseño son e iluminación: Javier Adan

Vestiario: La Canalla

Música:  Adrián Saavedra

Coreografía: Nuria Sanz

 

Elenco artístico

Felix Rodríguez

Pepe Varela

Pablo Cabanelas

Diego Rosal