22/09/2023 - 18:30h
| Salón Teatro
| Santiago de Compostela
Molimo
Festival Maré

Chefa Alonso, improvisadora, compositora e docente, ofrecerá un concerto co seu trío de improvisación libre Molimo, con motivo da presentación do seu libro: Improvisación libre. A composición en movemento (nova edición ampliada. Editorial Cántico, 2023).
Na formación acompáñana Cova Villegas e María Prado, xunto á artista convidada Marina Oural. Integrará, na improvisación a catro, textos da escritora e improvisadora galega, así coma poemas propios e o que dispoña o azar e a maxia do encontro.