Mofa e befa: a arte da guerra
Espectáculo a cargo de Producións Teatrais Excéntricas
Sun Zi di, “a arte da guerra fúndase no engano”. É esta cita do Mestre Sun que anima esta versión teatral do seu mítico tratado militar, comandada por Mofa e Befa. Unha saborosa sátira da nosa época, acuciada polo rexurdir do belicismo en todo o planeta.
A Arte da Guerra é un desfile de reis, xenerais, concubinas, guerrilleiros, espías, magnates, adestradores de fútbol, actores de acción, xestores de empresas, avogadas matrimoniais, e outras xentes complicadas en singulares conflictos humanos que a astucia de Mofa e Befa aproveita para urdir un retablo urxente dun mundo en colisión.
A fuxir da fame e a miseria nunha noite de tormenta, o dúo é instruído nos principios da guerra e a autodefensa por un mestre de bushido en paro, Mixamoto Mashashi. O encontro é detonante dun xogo de espellos tortos, entre o soño e o real, que dá conta da condición humana baixo a luz da vella sabedoría militar chinesa.
Un espectáculo rápido como o vento, silencioso como unha fraga, feroz coma o fogo e inmóbil como unha montaña.
Estrea o 23 de outubro no FIOT de CARBALLO
Ficha artística
Autoría: Carlos Santiago & Quico Cadaval
Dirección: Carlos Santiago
Deseño iluminación: Octavio Mas
Elenco artístico:
Evaristo Calvo
Víctor Mosqueira
Josito Porto