10/05/2025 - 18:00h
| Fórum Metropolitano
| A Coruña
Moby Dick
Espectáculo familiar a cargo de Pedras de Cartón

Rede galega de teatros e auditorios
Moby Dick é unha proposta de teatro para público familiar a partir de 4 anos. Un espectáculo de Pedras de Cartón creado a partir da afamada novela de Herman Melville que xoga coa figura do gran cachalote protagonista da novela, un monicreque de tres metros creado polo titiriterio Iker Pérez.
Moby Dick conta a historia de Ismael, un mozo que decide embarcar nun barco no que vivirá unha morea de perigosas aventuras.