22/03/2025 - 18:00h
          | Casa da Cultura 
              | Burela
      
  Moby Dick
Espectáculo familiar a cargo de Pedras de Cartón
Rede galega de teatros e auditorios
  
  Moby Dick é unha proposta de teatro para público familiar a partir de 4 anos. Un espectáculo de Pedras de Cartón creado a partir da afamada novela de Herman Melville que xoga coa figura do gran cachalote protagonista da novela, un monicreque de tres metros creado polo titiriterio Iker Pérez.
	Moby Dick conta a historia de Ismael, un mozo que decide embarcar nun barco no que vivirá unha morea de perigosas aventuras.