21/02/2025 - 20:30h
| Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía
| Arteixo
Misuria

Rede Galega de Teatros e Auditorios
Misuria é un quinteto que fai das súas actuacións unha homenaxe á música tradicional norteamericana dende a súa raíz blusera, que forma o groso do seu repertorio. Así, atoparémonos estilos tales como o folk e o country blues, xunto ao gospel, swing, bluegrass e outras expresións. É por iso que o grupo presenta instrumentación tradicional, onde destacan as harmónicas, o kazoo, a táboa de lavar e o slide, nun intento de recrear os vellos sons que nunca deixarán de emocionar e as vellas letras que na persoa de Alba "Furacán" fanse canción.