Share
29/10/2022 - 22:00h | Auditori Municipal "Xosé Manuel Pazos Varela" | Cangas

Miss Docet

  • Espectáculo a cargo da Compañía Eléctrica

Miss Docet
Rede galega de teatros e auditorios

O novo proxecto teatral da Compañía Eléctrica ten como protagonista a Emilia Docet, a muller que foi coñecida por ser a “Miss España galeguista”.

Baseándonos en documentación de hemeroteca reconstruímos os anos nos que Emilia Docet Ríos viviu a súa faceta de Miss. Coñecemos así a vida que leva nesa intensa época na que os actos públicos parecen ser o centro da súa vida.

Emilia é unha disciplinada deportista e estudante de Peritaxe Mercantil que aproveita a circunstancia da súa popularidade para expresar tamén o seu

galeguismo.

Ela é militante do Partido Galeguista, do que leva unha insignia no peito cando se convirte en Miss España (“Regalouma o Partido porque son afiliada. Eu vería con inmensa satisfacción que todas as mulleres de Galicia a levaran, coma min, no seu peito”), e foi unha das participantes no Mitin das Arengas o 24 de xullo de 1934 xunto a Castelao, Bóveda, Suárez Picallo, Paz Andrade e Lugrís Freire, entre outros.