Share
27/06/2026 - 12:00h | Biblioteca María Magdalena | Mos

Miña terra, meu lar

  • Un espectáculo de narración oral de Caxoto e A Trastenda dos Contos

Miña terra, meu lar
Cultura no Camiño

Un barrendeiro (ou como el prefire que lle digan mozo da limpeza) que pasa polo escenario aproveita que o espectáculo aínda non vai comezar para esixir que se deixe de tirar cousas ao chan. Está farto de recoller chicles, papeis, pano dos mocos e avoas en bo estado de uso. Farto de que ninguén recicle o lixo. Farto de pisar cacas de can!

A partir deste comezo un pouco excéntrico o seu discorrer escénico irá virando cara un tono máis amable dende o que a través de contos, dinámicas e cantigas, sensibilizar en contidos relativos ao coidado ambiental.

Un espectáculo lúdico pero tamén didáctico no que aprender a coidar o noso planeta como se fose a nosa casa... o noso lar.