30/07/2026 - 19:30h
| Xardíns da Casa de Correos
| Arzúa
As mil e unha
Un espectáculo de Vero Rilo con Culturactiva
Cultura no Camiño
Unha peza infantil e familiar que permite achegarlle á xente miúda da casa a obra de Begoña Caamaño. A narradora Vero Rilo únese ao músico Luís Iglesia nunha proposta que repara na súa faceta de xornalista e máis na de narradora e revisora de mitos. Porque... que pasaría se por arte de maxia conectásemos en directo coa Circe de Begoña ou chamase á radio Morgana desde Esmelle? Acaso Penélope tecería a actualidade deste mundo? Todo será posible para quen acompañe a emisión do programa radiofónico As mil e unha, cheo de historias e de música que nos achegan a Begoña Caamaño.