Share
21/07/2026 - 19:00h | Museo Ramón María Aller Ulloa | Lalín

Miguel Matamoro

  • Un concerto a piano

Miguel Matamoro
Cultura no Camiño

O repertorio deste concerto a piano solo pon o foco sonoro nalgúns dos estilos predilectos do compositor: folclore, jazz e música clásica do primeiro terzo do S.XX, con figuras como Ravel, Rachmaninov, Stravinski, Prokófiev ou Mompou. É unha viaxe musical e autobiográfica por lugares recónditos no recordo, principalmente da contorna rural; un espectáculo a piano só que combina improvisacións e pezas escritas polo propio compositor.