Share
19/02/2026 - 20:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

A metamorfose

  • Un espectáculo a cargo de Sarabela Teatro

A metamorfose
Rede galega de teatros e auditorios

Que pasa cando lle quitamos a categoría de humano a un ser humano? Se non son seres humanos, que son? Bechos, insectos? Que pasa cando deixamos de ser útiles para a sociedade? A metamorfose amosa a necesidade de ser valorados polo que somos, non polo que producimos. É a historia dun home só, esmagado pola iniquidade dos outros.

Sen a menor cerimonia, o texto coloca o público diante do famoso Gregor Samsa,  transformado en insecto monstruoso. A partir de aí, a historia é narrada cun realismo inesperado que asocia o inverosímil e o sentido de humor ao que é tráxico, grotesco e cruel na condición humana - todo no estilo transparente e perfecto dese mestre inconfundíbel da ficción universal. A versión escénica de Carlos Álvarez Osorio explota a dimensión cómica e grotesca do texto, que ocasionalmente desemboca no hilarante “slapstick”. 

 

Ficha artística

Autor: Frank Kafka

Dirección e adaptación: Carlos Álvarez Osorio

Escenografía e iluminación: Baltasar Patiño

Deseño son: Renata Codda Fons

Vestiario: Ruth Díaz Pereira 

Música: Vadim Yuknevich

Coreografía: Nuria Sotelo

Elenco artístico: Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fernando González, Sabela Gago, Fina Calleja 

 

Venta de entradas