12/03/2025 - 19:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Mesa redonda: por unha programación plural e proxección de Las chicas están bien
comedia, metanarrativa, feminismo

Close-up: Cine e perspectiva de xénero
Reunimos nesta nova mesa redonda a varios profesionais para compartir a súa experiencia na programación de festivais e ciclos de cine, analizando a importancia de ofrecer unha selección de títulos plural na que conflúan o rigor crítico e a vontade inclusiva de filmografías de procedencia diversa, así como de revisar a cineastas do pasado escasamente atendidas e excluídas do canon tradicional.
Coa participación de Javier H. Estrada, Colectivo Roedor e Nuria Cubas.
Proxección posterior de Las chicas están bien, de Itsaso Arana.