Share
09/10/2024 - 19:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Mesa redonda: O reto da crítica

  • mesa redonda, feminismo, cinema, critica

MESA REDONDA: O RETO DA CRÍTICA
Close-up: Cine e perspectiva de xénero

Nesta segunda sesión trataranse algúns dos desafíos aos que se enfronta a crítica cinematográfica dentro dun ecosistema fílmico en constante transformación e cuxa heteroxeneidade demanda un debate inclusivo. Unha reflexión aberta sobre como introducir a perspectiva de xénero na análise crítica do cinema, por unha banda, pero tamén sobre a situación actual da profesión, a presenza das mulleres no sector ou a necesidade de que estas accedan aos postos de toma de decisións.

 

Participantes:

Marta Armengou

Áurea Ortiz

Javier Rueda

Encontro moderado por Elsa Tébar.

 

Proxección posterior de Not a Pretty Picture, de Martha Coolidge.