25/06/2025 - 19:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Mesa redonda. 'Espigadoras', distribución e perspectiva de xénero.
Con Marisa Fernández Armenteros (produción, Buena Pinta Media), Nadia López (comunicación, Revolutionary) e Sonia Abbas (distribución, Begin Again). Modera: Elsa Tébar

Close-Up: Cine e perspectiva de xénero
Nesta terceira mesa abordaremos os retos e posibilidades da produción e a distribución cinematográfica desde unha perspectiva de xénero. Trataremos os modelos e as estratexias de comunicación que se poñen en marcha nestas etapas esenciais da vida dunha película, compartindo experiencias concretas e formas de traballo para analizar como evolucionou a industria nos últimos anos.
Proxección posterior de 'Los Tortuga' (Belén Funes, 2024).