Share
06/10/2023 - 21:00h | Forum Metropolitano | A Coruña

Mentres dure a canción

  • Espectáculo de teatro a cargo de Producións Dispersas

Mentres dure a canción
Rede galega de teatros e auditorios

Os días pasan, uns tras outros, e nada pasa. Nese transcorrer pode darche por pensar na vida. Hai que ter coidado con iso! Pensar pode ser un acto revolucionario… O mundo non está para bromas. Os días van pasando no fogar do noso protagonista… Un actor que ás veces escribe cousas con moitos signos de exclamación e puntos suspensivos…

En Producións Dispersas cremos que a risa é a mellor das armas posible para botar abaixo calquera muro. Nós conformámonos con derrubar a cuarta parede. Este é un espectáculo doméstico pero universal. Un musical ambicioso pero próximo.

Diego Freire pensa que debemos cantar e bailar para ser un pouquiño máis felices… Polo menos mentres dure a canción.

Coa colaboración de CDG, Xacobeo 2021, Xunta de  Galicia