30/10/2025 - 20:30h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Memorias de un caracol
Adam Elliot, 2024

Animacción 2025
Australia, anos 70. Grace Pudel é unha nena solitaria e inadaptada, afeccionada a coleccionar figuras decorativas de caracois e cunha devoción profunda polas novelas románticas. A morte de seu pai cando tan só é unha nena, lévaa a ter que separarse de seu irmán xemelgo, Gilbert, o que a aboca a unha espiral de ansiedade e angustia. Con todo, a esperanza volve á súa vida cando coñece a unha excéntrica anciá chea de determinación e amor pola vida chamada Pinky, coa que establecerá unha longa amizade que lle cambiará a vida para sempre.