Share
22/11/2026 - 17:30h | Auditorio da Casa da Cultura | Outes

Meco e sono

  • Espectáculo teatral a cargo de Xarope Tulú

Meco e sono
Rede galega de teatros e auditorios

Meco e Sono e un espectáculo de teatro de bonecos e creación sonora en directo: un conto de arrolos para a primeira infancia. Nesta ocasión, Xarope Tulú únese á dramaturxia, música e voz en directo da escritora e xornalista radiofónica Xiana Arias. O resultado é unha sensorial e coidada proposta para ás máis pequenas cunha fermosa escenografía adaptable a todo tipo de espazos.

Fedello é un bebé que non durme. Parece lle teme á Noite. Pero a Noite só quere coidalo e que descanse e envía dúas amigas para que lle axuden durmir: Meco e Sono. Cando Fedello di:  “teño meco, teño sono’” aparecen as dúas ao seu carón para mecelo e cantarlle uns arrolos. Meco é luminiscente e se vaca fala Mu, ela cando o aperta colle só M fai MMMMMMMMMMMMM. Sono ten os ollos pechos e anda como bailando, a cámara lenta abanea, ten a pel como de manta e sempre lle canta EAEAEA. 

Coa axuda de Meco e Sono o noso Fedello non só consegue acougar e durmir senón que tamén se fai amigo da Noite.

Ficha artística

Dramaturxia: Xiana Arias

Elenco: Atenea García e Xiana Arias

Escenografía: Nicolás Zamorano

Espazo Sonoro: Xiana Arias

Produción: Xarope Tulú

Creación plástica e arte: Lúa Gándara