14/02/2025 - 17:00h
| Centro Social de Abanqueiro
| Boiro
Meco e Sono
Xarope Tulú e Xiana Arias

Rede Galega de Teatros e Auditorios
Meco e Sono é unha peza de teatro de bonecos e creación sonora para a primeira infancia.
A experiencia en escena e narración da compañía Xarope Tulú xúntase á dramaturxia e ao son e voz en directo da escritora e xornalista radiofónica Xiana Arias. O resultado é unha sensorial, coidada e novidosa proposta para crianzas de 0 a 3 anos.