Share
10/08/2023 - 00:30h | Praza de España | Monforte de Lemos

A maxia do Mago Rafa

  • Espectáculo de maxia a cargo de Mago Rafa

A maxia do Mago Rafa
Cultura no Camiño

A Maxia do Mago Rafa é recoñecida nos seus máis de vinte anos de traxectoria artística pola súa maxia orixinal e o seu humor desenfadado, que se afasta da maxia máis convencional. En todos os seus espectáculos hai varios denominadores en común; humor, tenrura, unha excelente técnica interpretativa, unha fantástica selección musical, unha escenografía moderna e espectacular e maxia moi orixinal e impactante que comunica a través do absurdo e do cotián. Moitos definen os seus espectáculos como "A Maxia diferente, a próxima e a de verdade". Este espectáculo realízase en formato Gala e Rafa conta coa colaboracion de magos de recoñecido prestixio Internacional.