Share
24/07/2025 - 19:00h | Xardíns da Praza de D. Ramón | Lalín

Maxia de rúa

  • Espectáculo de maxia a cargo de Joshua Kenneth

Maxia de rúa
Cultura no Camiño

A maxia de rúa con Joshua Kenneth é unha proposta apta para todos os públicos. Neste espectáculo cheo de humor e maxia o ilusionista guiri-galego Joshua Kenneth achega unha selección de impactantes números de poesía visual, mentalismo, prestidixitación… utilizando obxectos da nosa vida cotiá. Misterio mesturado cun pouco de historia do ilusionismo: unha experiencia interactiva, divertida e artística que convida ao público a entrar nun mundo onde todo pode ser transformado.