Share
29/09/2026 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Matrimonio a la italiana

  • Vittorio De Sica, 1964

Matrimonio a la italiana
Vittorio De Sica

Durante a II Guerra Mundial en Nápoles, unha moza soa no mundo, Filomena Marturano, traballa nun prostíbulo. Alí coñece a Domenico, un home de negocios burgués que a retira do traballo pero sen casar con ela. Dúas nominacións ao Oscar (unha para a excelente caracterización de Sophia Loren) e principais premios David di Donatello para un filme de enorme éxito internacional, unha traxicomedia que explora temas incómodos e recupera o talento de Vittorio de Sica, tantas veces expresado de xeito intermitente.