Share
22/01/2026 - 20:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

MATRES

  • Un espectáculo teatral a cargo de Campi qui pugui

MATRES
Rede galega de teatros e auditorios

Un neno medra nunha pequena aldea rodeada de paxaros, de flores de camomila e de tres mulleres, tres xeracións: a nai, a avoa e a tía. As tres nais de Jordi, o neno.

Catro intérpretes ao servizo dunha historia que trata a maternidade e a morte, pero sobre todo a vida. Un relato sobre a perda da nai na infancia, onde as dificultades e o humor conviven con toda naturalidade. Unha historia de amor, aventuras, superación e zapatillas voadoras.

 

Autoría: Aitana Giralt, Cristina García, Erik Varea, Jordi Pedrós, Marc Espinosa

Dirección de escena: Rosa Díaz

Visión externa: Iñaki Rikarte

Acompañamento sobre o loito: Alba Pelegrí

Adestramento actoral: Mar Navarro

Intérpretes: Aitana Giralt, Cristina García, Erik Varea, Jordi Pedrós

Escenografía: Plancton Escena (Joan Pena, Elisabet Pané, Quimet Felis e Maria Aran)

Deseño de iluminación: Marc Espinosa

Composición musical: Manuel Dabove

Voz canción: Clara Gispert

Animación e proxeccións: Laura Larios Ros, Quer Lloveras Fontelles

Espazo sonoro: Marc Espinosa

Vestiario: Rosa Solé

Confección atrezo téxtil: Goretti Herrero

 

Idade recomendada: a partir de 6 anos

Duración: 65 min