Share
19/11/2022 - 21:00h | Pazo da Cultura | Narón

Martins Aneiros Band

  • Concerto de blues

Martins Aneiros Band
Rede galega de teatros e auditorios

 Martins Aneiros Band xorde da unión da cantante Paula Martins, quen fose voz da Big Botton Band, e de Víctor Aneiros, guitarrista galego que suma xa oito discos ás súas costas.

O pasado verán a cantante apareceu como convidada do grupo do ferrolán nas súas actuacións no Fisterra Blues Experience e o Discalzos polo Festival, aínda que o inicio desta alianza musical remóntase a fai máis dunha década.

En "Heroe Secreto", o disco que Aneiros publicou no ano 2008, xa puidemos escoitar a súa guitarra acompañando á voz de Martins que entoaba o himno da emigración galega "Unha noite na eira do trigo". Agora, xunto ao batería Marcos Sánchez e o baixista Víctor Gacio, embárcanse nun novo proxecto conxunto interpretando clásicos do blues, soul e rock.