Share
16/03/2025 - 19:00h | A Pousada da Galiza Imaxinaria | Boiro

Martin Human

Martin Human
Rede galega de música ao vivo

Martin Human bebe da música dos 90 e os 2000, e o seu estilo está influenciado polo rock americano, o grunge e o country. Á banda formada polo cantante Martín, o baixo Richi e o baterista Marcos, úneselles agora Juancho como guitarra solista, con máis rock and roll e novos temas para este 2025 que prometen ser máis acedos.

 

A formación deuse a coñecer a finais do ano 2022 co EP Anomaly, un traballo totalmente autoproducido no que se dedicaron a investigar ata conseguir un son crú para o que contan só cos elementos que utilizan nos directos.

 

En 2024 publicaron dous novos singles moi distintos entre si: Let her away, nunha liña que continúa o estilo dos seus primeiros temas, e What is wrong, no que experimentan cos sons alternativos que identifican a súa música neste momento.