Share
09/10/2026 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Marnie

  • Alfred Hitchcock, 1964

Marnie
Ponte aérea: o cine de Warren Sonbert

Marnie é unha secretaria que usa a súa posición para realizar furtos. Cando coñece a Mark, o último home en contratala, xorde entre eles unha atracción que a levará a afrontar vellas pantasmas.

 

Marnie escenifica un intercambio de culpa e desexo entre personaxes ambiguos e obriga ao espectador a unha incómoda toma de posición moral. Entre o melodrama e o pesadelo, Hitchcock desestabiliza o seu mundo físico e psicolóxico a través da cor e o encadre. A circulación dos puntos de vista, tan cruel como vivaz, atopa o seu vínculo no cine de Sonbert, cuxa montaxe substitúe a narración por unha rede aberta de correspondencias. (Francisco Algarín e Carlos Saldaña)