Share
14/03/2024 - 20:30h ~ 16/03/2024 - 20:30h | Teatro Principal | Santiago de Compostela

MANUELA REY IS IN DA HOUSE

  • Centro Dramático Galego en coprodución co Teatro do Noroeste / Centro Dramático de Viana, Teatro Nacional de São João e Teatro Nacional Dona Maria II

Manuela Rey

A partir de textos de Manuela Rey, Almeida Garret, Eduardo Augusto Vidal, Ernesto Marecos, Paula Ballesteros, Sousa Bastos, Xaquín Núñez Sabarís e do propio elenco galego-portugués que integran Mariana Carballal, Neto Portela, Nuno J. Loureiro, Rafaela Sá, Raquel Crespo, Teresa Vieira e Xosé Lois Romero, téntase reconstruír a memoria arredor da actriz e escritora alcumada a muller lirio, nada nunha aldea de Mondoñedo en 1842 e falecida aos 23 anos na capital lusa.

Dirección de escena e dramaturxia: Fran Nuñez
Escenografía e vestiario: Pedro Azevedo
Deseño de luz: Nuno Meira
Apoio ao movemento: Guilherme Sousa
Apoio á creación: Neto Portela
Textos: Paula Ballesteros, Xaquín Núñez Sabarís, Ernesto Marecos, Sousa Bastos, Manuela Rey, Almeida Garret, Eduardo Augusto Vidal, Mariana Carballal, Neto Portela, Nuno J. Loureiro, Rafaela Sá, Raquel Crespo, Teresa Vieira, Xosé Lois Romero
Música: Xosé Lois Romero
Arqueóloga investigadora do INCIPIT/ CSIC: Paula Ballesteros
Transferencia de documentación: Andrés García, Antonio Reigosa, Consello da Cultura Galega, Teatro Nacional Dona Maria II, Museo Nacional do Teatro
Construción de escenario: Centro Dramático Galego

Lingua: portugués e galego