Mala vida e pior morte de Ricardo III
Centro Dramático Galego en coprodución con Producións Teatrais Excéntricas e co apoio da Fundación Cidade da Cultura
Mala vida e pior morte de Ricardo III é un espectáculo unipersoal protagonizado por Evaristo Calvo no que, a través dun monólogo dirixido á audiencia, o personaxe do difunto rei Ricardo III de Inglaterra, argumenta en contra do relato dos derradeiros anos da súa vida que Shakespeare deixou trazado no drama A vida e a morte do rei Ricardo III.
Un espectáculo revisionista sobre o personaxe de Ricardo III recreado por William Shakespeare que tenta resitualo no contexto da ciencia histórica e esculcar a sua calidade humana a través do humor nun exercicio esquizoide no que personaxe e intérprete revelan as súas contradiccións.
Ficha artística:
Elenco: Evaristo Calvo
Espazo Escénico: Marta Calvo
Espazo Lumínico: Octavio Mas
Asesoría Histórica: Cristina Mourón Figueroa
Adestramento Creación: Ana Vallés
Axudante de Dirección: Santi Romay
Fotografía: Manuel G. Vicente
Axudante de Produción e Vídeo: Miguel Calvo
Produción: Rubén G. Pedrero
Textos e Dramaturxia: Maria Lado, Evaristo Calvo, Antón Coucheiro, William Shakespeare.
Mirada Externa: Alessandra García
Dirección: Antón Coucheiro e Evaristo Calvo
Entradas á venda en ataquilla