Share
27/06/2025 - 19:00h | Exterior da piscina municipal | Oroso

Magín Blanco e A Banda das Apertas

Concerto
Cultura no Camiño

A Banda das Apertas, composta por Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal, Suso Lorenzo e Jerry Noia, ten un longo recorrido acompañando a A nena e o grilo nas súas propostas escénicas. Chegou o momento de voar sos: nesta nova produción, as músicas do creador Magín Blanco conviven con outras coñecidas cancións que o público familiar recoñece e valora da historia da música contemporánea, e que permiten gozar en familia dun concerto no que o público é parte do elenco: coreando, acompañando e, sobre todo, gozando con esta Banda das Apertas.