Share
15/08/2024 - 22:00h | Praza dos Barcos | Sanxenxo

Magig Space

  • Espectáculo de maxia do ilusionista Pedro Volta

Magig Space
Cultura no Camiño

Inspirado nas sondas espaciais, Voyager I E II, lanzadas pola Nasa ao espazo en 1977 e o seu disco de ouro con mensaxes da Terra co obxectivo de que sexan descifrados por futuras civilizacións extraterrestres avanzadas, o astrofísico Carl Sagan seleccionou imaxes curiosas do noso planeta, saúdos en 52 idiomas, fórmulas… O Universo está cheo de misterios por descubrir, viaxes interestelares, buracos negros, a chegada a Marte, multiversos onde o tempo é relativo. O ilusionista galego Pedro Volta presenta esta proposta para exterior nun formato moderno e urbano no que por medio dunha gran pantalla sorprenderá ao público con insólitos e modernos efectos de maxia e no que mostrará un artefacto, inspirado na Nasa, colgado dun guindastre co que simulará algún dos adestramentos dos astronautas antes de ir ao espazo. O primeiro e maior truco de maxia foi o Big Ban. Formamos parte do Todo e como dicía, Sagan, somos e vimos do po das estrelas. Aínda que non as vexas; a maxia das estrelas sempre está aí fóra.