Share
26/01/2025 - 17:00h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

Madame Lumière

  • Espectáculo musical para bebés de la Menuda Producciones

Madame Lumière
Rede Galega de Teatros e Auditorios

O atardecer, cos últimos raios de luz do día, entra no teatro. Entre a escuridade e as cores avermelladas, alaranxadas e azuis, irán aparecendo personaxes máxicos, grilos e melodías clásicas que darán a benvida á noite. As estrelas chicaránnos o ollo e as luces cálidas dos fogares abriranse. Mentres tanto, os máis pequenos de casa, a ritmo dunha sutil melodía, pecharán os ollos entrando nun soño doce e profundo. É nese momento cando chega Madame Lumière, que se encargará de lle dar vida aos soños de Layla (unha nena de 10 anos) ao longo de toda a noite: soños en mares profundos, soños de nenez, soños en carpas de circo... e mesmo algún pesadelo.

A noite, rodeada dun espazo sonoro e dunha delicada banda sonora interpretada cunha exquisita excelencia, chegará ao amencer. É hora de espertar e gozar do recordo dos soños vividos durante esta fermosa noite