Share
11/05/2024 - 20:00h | Casa da Cultura | Burela

Lulavai - Concerto semiacústico

  • Concerto a cargo de Lulavai

Lulavai - Concerto semiacústico
Rede galega de teatros e auditorios

Lulavai fan soar 4 arpas e 4 voces, interpretando sobre os escenarios temas de composición propia con inspiración na música traicional galega e noutras máis lonxanas. Interpretan tamén temas ao máis puro caracter tradicional, ou arranxos inspirados nas raíces da música galega. Composicións propias e delicados arranxos para o instrumento principal que é a arpa e as voces, e utilizando tamén outros instrumentos de percusión que aportan a variedade tímbrica e o son orixinal de Lulavai.

 

No concerto sucédense os cambios de instrumentos, as posicións no escenario mudan,  producíndose diferentes estéticas, visuáis e sonoras,  que entreteñen ó público e o sorprenden.

As cancións van dende temas  tranquilos, para escoitar cos ollos pechados, ata os máis rítmicos ó máis puro estilo tradicional.