Share
20/08/2024 - 20:00h | Parque Ansuña | Baños de Molgas

Lúa quere viaxar a... Marte!

  • Espectáculo de Teatro a cargo de A Xanela do Maxín

 Lúa quere viaxar a... Marte!
Cultura no Camiño

Despois de dar a volta ao mundo, Lúa sorprende a familia e amizades cunha gran nova: Agora quere ir a Marte! 

Malia todos os atrancos e dificultades, Lúa non está disposta a renunciar ao seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo e poder así viaxar a Marte. 

Unha actividade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.