Love Is in the Air
Monólogo de David Amor

Espectáculo do cómico e actor David Amor, no que o pontevedrés coas mans máis grandes nos fala das súas novas inquedanzas, sen deixar de lado unha das súas últimas paixóns, os aeroportos.
Por suposto, non podía faltar a música, onde David dá un paso máis…. Ou un paso menos, según se mire. Ou pensabades que participar en Tu cara me suena iba a quedar ahí?
Trátase dun espectáculo que nace do amor e da necesidade.
Do amor que David ten as xentes que lle votaron no Festival Internacional de Teatro de Villanueva de la Serena no que conseguiu o premio do público.
E da necesidad... porque o premio consistía en voltar o ano seguinte o festival, pero con un espectáculo novo! Vese que teñen moi boa memoria e se lembran de todo.
David pensaba que non podía escribir un novo show se estaba todo o día vendo a tele…. Ou si! E é que hai programas que precisan ser contados. Así nace Love Is in the Air. Oitenta minutos onde te poderás enterar de toda a parrilla televisiva sen tocar o mando, pero tamén descubrirás por que a xente pasa sede nun aeroporto ou por que David nunca poderá ser Rafa Nadal.
Pasen e rían!