05/05/2023 - 23:00h
| Fórum Metropolitano
| A Coruña
A louca historia de Galicia
Comedia a cargo da compañía Fulano, Mengano e Citano

Rede galega de teatros e auditorios
Elenco: Manuel Pombal, Manuel Botana, Suso Pando e Marcos Alonso.
A louca historia de Galicia é un percorrido en clave de humor a través da nosa historia, lévanos por todos eses períodos de luces e de sombras, -ás veces de apagón total- que fixeron de nós o que hoxe somos.
É un paseo polas orixes, costumes e tradicións desta terra de bispos e reis, nobres e servos, heroes e tiranos, situada entre a fin do mundo e o norte de Portugal. Móstranos unhas personaxes na procura da súa identidade, a diferenza está en que desta vez... Por fin é certo!