05/07/2025 - 12:30h
| A Plazuela
| Pontecesures
Louband

Cultura no Camiño
Louband é unha formación musical nacida en Sarria no ano 2017. O noso estilo musical inclúe versións de clásicos musicais tanto en galego como en castelán. Entre os noso estilos musicais, destacan o ska, reggae, cumbia, pop e rock.
Todos as versións están arranxadas por nós mesmos, dándolle protagonismo ás voces e aos ventos da formación. Do repertorio en galego destacan versións de Andrés do Barro ou Luis Emilio Batallán, así como tributos a outros grupos galegos coñecidos como Lamatumbá, Siniestro Total ou Heredeiros da Crus. No repertorio en castelán, conflúen numerosos estilos entre a cumbia, o pop dos 80' e 90' e o rock máis exitoso.