Share
16/04/2025 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Los rubios

  • Albertina Carri, 2003

Los rubios
Albertina Carri: territorios mutantes e cartografías queer

Segunda longametraxe de Albertina Carri que a puxo no mapa pola súa particular aproximación á ditadura militar. Hoxe filme de culto en Arxentina, este íntimo ensaio usa figuras de playmobil xunto a fotografías e testemuños para representar o trauma da desaparición de seus pais, militantes peronistas, en 1977, cando ela contaba só con 4 anos de idade. Exercicio de memoria persoal e colectiva, o filme fíxose de forma totalmente clandestina e está considerado voceiro de toda unha xeración silenciada, desenterrando temas de enorme complexidade.