Share
11/06/2026 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Los ilusos 13+13

  • Jonás Trueba, 2013-2026

Los ilusos 13+13
Fóra de serie

Los ilusos 13+13 é un filme sobre o desexo de facer cine, ou sobre o que fan algúns cineastas cando non fan cine; sobre perder o tempo e o tempo perdido; sobre conversas, bebedeiras, comidas e rutinas; sobre os paseos ao saír do cine; sobre estar namorado; sobre estar só e estar con amigos, construíndo futuros recordos para unha película futura.

Nova versión da fita de Jonás Trueba de 2013, que viu nacer a súa produtora xunto a Javier Lafuente e a partir da cal establecerían unha filosofía de traballo que perdura ata hoxe. Unha troupe de actores e equipo técnico que se manteñen fieis ao espírito dos ilusos película tras película e que conciben a creación como un acto colaborativo.

Por condicións precarias na posprodución, a versión de 2013 quedou sen cor. Agora púidose volver a ela partindo do negativo orixinal e o que se presenta é un filme máis fiel ás intencións orixinais de Trueba.