Share
10/06/2025 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Los girasoles

  • Vittorio De Sica, 1970

Los girasoles
Centenario Marcello Mastroianni

Ao final da II Guerra Mundial, Giovanna viaxa desde Italia a Moscova en busca do seu marido, Antonio, un soldado dado por desaparecido durante a campaña en Rusia de 1943. Giovanna négase a crer que Antonio estea morto. Anos atrás, a parella casou e gozou da súa lúa de mel pouco antes de que Antonio fose enviado á fronte. O plan que idearon para facer crer ás autoridades que Antonio estaba tolo non saíu ben. E agora Giovanna, coa única axuda dunha fotografía de Antonio, está disposta a todo para descubrir onde se atopa.