Share
05/06/2026 - 20:30h | Teatro Rosalía Castro | A Coruña

Los dos hidalgos de Verona 

  • Un espectáculo teatral da compañía LAZONA

Los dos hidalgos de Verona 
Rede galega de teatros e auditorios

Se Shakespeare é un dos construtores da alma humana moderna, como afirma Harold Bloom, en LOS DOS HIDALGOS DE VERONA empezará a desenvolver moitos dos elementos que van definir esa concepción do ser humano. 

Esta é unha das primeiras comedias nas que afina as tensións entre amizade e amor, tensións que ocupaban un espazo non menor na literatura de fins do Renacemento. A amizade entendida como unha forma de amor sen sexo estaba a ser tratada desde moitas perspectivas e enaltecida como unha forma de alto compromiso sentimental oposta ás relacións amorosas.

Escrita pouco tempo antes que Romeo e Julieta, comparte con esta numerosos puntos de vista e de tensión dramática. Atopamos tamén nela una das creacións máis emblemáticas do personaxe do criado cómico, que vai xerar un modelo que alimentará posteriormente tanto o teatro do Bardo como o dos seus seguidores.

 

Ficha artística

Autor: William Shakespeare 

Dirección: Declan Donnellan

Adaptación: Declan Donnellan e Nick Ormerod

Escenografía: Nick Ormerod

Deseño iluminación: Ganecha Gil

Vestiario: Nick Ormerod

 

Elenco artístico 

Jorge Basanta 

Prince Ezeanyim 

Alberto Gómez Taboada

Rebeca Matellán 

Manuel Moya

Alfredo Noval 

Goizalde Núñez

Antonio Prieto 

Irene Serrano